Inauguración novo camiño de acceso ao muíño de Mareas.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, inauguraron esta tarde o novo camiño de acceso ao muíño de Mareas.

O acto comezou cun 🚶 paseo polo viario no que as persoas participantes puideron coñecer a historia e patrimonio de Cereixo, facendo paradas nas que se explicaron numerosas curiosidades sobre o lugar.

Ao final do percorrido, na ⛪ igrexa de Santiago, tivo lugar a proxección dun vídeo.