


Un veciño do municipio, Pablo Da Costa, denunciou unha serie de presuntas irregularidades relacionadas coa instalación de tubaxes que atravesan terreos da súa propiedade, unhas obras que —segundo afirma— se levaron a cabo de maneira ilegal durante o mandato do daquela alcalde David Barbeira.
Segundo a denuncia, as tubaxes foron colocadas atravesando unha finca privada sen a correspondente autorización administrativa. Da Costa sostén que durante ese período se produciron actuacións de especial GRAVIDADE, entre elas a súa DETENCIÓN co obxectivo de realizar a execución das obras no trazado indicado pola alcaldía de entón, David Barbeira
Así mesmo, o afectado sinala que tamen lle foron impostas ata CINCO SANCIÓNS a un TRACTOR da súa propiedade e que lle foron INCAUTADAS DÚAS MÁQUINAS AGRÍCOLAS —unha desbrozadora e unha desensiladora—, según Da Costa feitos que foron ilegales, dado que estaban na sua propidade.
Tras unha sentenza firme que delimita claramente o camiño público do privado, Pablo Da Costa asegura ter presentado un total de 24 reclamacións no rexistro municipal solicitando unha solución definitiva. Porén, denuncia que desde a chegada á alcaldía de Alberto Romar non se produciu ningún avance na resolución do conflito, malia manter —segundo indica— unha actitude sempre orientada ao diálogo e a unha SOLUCIÓN AMIGABLE.
Na última semana, o veciño volveu rexistrar nova documentación no Concello para que sexa incorporada ao expediente, insistindo na necesidade de que se revisen os feitos e se adopten as medidas correspondentes conforme a dereito, adjuntando a este diario varios documentos que aporta al Concello, para así demostrar su veracidad.
Polo de agora, o Concello non fixo nada para resolver el conflicto.






