
Esta mañá rexistrouse un incendio en Codesido, que puidemos controlar con rapidez grazas á rápida intervención da Protección Civil de Coristanco e da Policía Local.
Queremos agradecer profundamente a ambas as dúas entidades polo seu traballo coordinado, eficaz e inmediato, que evitou que o lume se propagase e provocase maiores danos.