
Esta noite produciuse un incendio nun dos aparcadoiros situados nas inmediacións do centro de saúde de Bertamiráns, no concello de Ames, no que resultaron afectados tres vehículos. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
O aviso foi recibido a través do 112, o que motivou a rápida mobilización dos servizos de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Brión, Policía Local de Ames, Garda Civil e voluntarios da AVPC Protección Civil de Ames, que traballaron na extinción do lume e na seguridade da zona.
O incendio xerou alarma entre a veciñanza, que volve amosar a súa preocupación pola reiteración deste tipo de sucesos no municipio. Feitos coma este poñen de manifesto a nula xestión do equipo de goberno e a crecente sensación de inseguridade que se vive en Ames, unha situación que reclama medidas urxentes para garantir a tranquilidade e seguridade da cidadanía.