
Desde o Concello de Laxe informamos a veciñas e veciños de que mañá comezan as obras de renovación do firme e mellora das infraestruturas na Rúa Besugueira.
Debido a estes traballos, o tramo comprendido entre a Rúa Hospital e a Rúa Agra de Abaixo quedará cortado ao tráfico, polo que pedimos que se teñan en conta posibles itinerarios alternativos.
Pedimos desculpas polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar durante o desenvolvemento da obra e agradecemos de antemán a comprensión, paciencia e colaboración da veciñanza.
Estas obras son necesarias para mellorar a seguridade, a accesibilidade e os servizos da zona, polo que supoñen un paso máis na mellora do noso pobo
.
Iremos informando puntualmente de calquera novidade.