
«Memorias de auga e cerne», unha fotografía de Iria Boza (veciña da parroquia de Golmar) tomada o pasado 2 de novembro no río Acheiro, é a gañadora da modalidade Redes Sociais da cuarta edición deste concurso convocado polo Concello da Laracha.
Parabéns a Iria polo seu traballo e pola resposta que xerou entre na páxina de Facebook Turismo da Laracha, onde obtivo 672 reaccións positivas durante o período de votación. O premio económico é de 250 euros.
A vindeira semana reunirase o xurado profesional para valorar as 45 imaxes presentadas á modalidade Xeral, na que se repartirán outros 1.250 euros en premios.