IV Foro Empresarial Lácteo de Galicia en Coristanco

IV FORO EMPRESARIAL LÁCTEO DE GALICIA | Un ano máis, a Casa da Cultura de Coristanco será o enclave onde se desenvolverá o 🐄🥛 IV Foro Empresarial Lácteo de Galicia, baixo o lema “Viabilidade e eficiencia na produción de leite e sostibilidade territorial”.

🤝 Organizado polo Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa , o foro está dirixido a profesionais do sector lácteo —gandeiros e gandeiras, persoal técnico, empresas transformadoras, investigadores/as e estudantes— e contará coa participación de 👨‍⚕️ persoas expertas a nivel nacional e internacional.

Ao longo das distintas xornadas abordaranse cuestións clave para o futuro do 🌿 rural galego, como a xestión empresarial das granxas, a análise de factores internos e externos na toma de decisións e as oportunidades para avanzar cara a unha sostibilidade económica, social e territorial.

🗓️ 21 e 28 de xaneiro e 4 de febreiro de 2026

📍 Casa da Cultura de Coristanco