
Avanza Malpica informa: nesta noticia aparte da gravidade do suceso( esperamos que o paciente se encontre ben)…Vese que estamos a sufrir a precaria situación na que se encontran os servizos sanitarios no Concello de Malpica, moi especialmente en caso de URXENCIA. Malpica «non conta con servizo de ambulancia ubicado en Malpica», tampouco conta con servizo de urxencias 24 horas… Malpica depende das ambulancias que teñen outros concellos, para atender os estados de gravidade (tendo en contra, que en moitos casos a vida dunha persoa depende simplemente, de ser atendida uns minutos antes ou despois…) Este GRAN PROBLEMA tense que solucionar, XA!!!
Dende AVANZA MALPICA, pedimos que todos os partidos políticos que están representados no Concello unan forzas, e pidan a Xunta de Galicia (PP) e a Diputación da Coruña (PSOE – BNG) que instalen con todos os servizos, unha AMBULANCIA, ubicada no Concello de Malpica.
En AVANZA MALPICA decimos, que se outros concellos limítrofes poden, Malpica tamén PODE!!!