
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, quere manifestar publicamente o seu respaldo firme e o seu recoñecemento ás Forzas Armadas españolas, así como a súa proximidade e apoio ás familias dos militares despregados, que nestes momentos viven con preocupación e incerteza a situación dos seus seres queridos.
Os feitos ocorridos o 12 de xaneiro de 2026 no sur do Líbano, onde o continxente español SPANBATT foi alcanzado polo impacto de tres proxectís de 120 mm a escasos metros dos seus blindados, constitúen un episodio de extrema gravidade. Non pode falarse dun erro nin dunha confusión cando se pon en risco directo a vida de militares españois que cumpren a súa misión baixo o mandato das Nacións Unidas.
Desde a súa experiencia persoal tras servir anteriormente no Exército, José Luis Calo subliña que coñece de primeira man o sacrificio diario que asumen os nosos soldados en misións internacionais: a distancia coas súas familias, a tensión permanente, o risco constante e a responsabilidade de representar a España con profesionalidade, disciplina e honra.
Un sacrificio que tamén recae sobre as súas familias, cuxo apoio silencioso resulta esencial.
UCIN Galicia destaca a profesionalidade, serenidade e compromiso demostrados polos militares españois despregados no Líbano, que actúan como cascos azuis co obxectivo de preservar a paz, garantir a estabilidade e protexer á poboación civil conforme ao dereito internacional.
Así mesmo, reclámase que se garanta coa máxima firmeza a seguridade e integridade das nosas tropas e o respecto absoluto aos mandatos da ONU. A protección dos militares españois debe ser unha prioridade incuestionable.