José Manuel Mato, recibiu onte ao xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade

O alcalde, José Manuel Mato, recibiu onte ao xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, con quen visitou a escola infantil pública autonómica.

👉🏼 A Xunta de Galicia investirá algo máis de 88.800 euros en obras de mellora nas instalacións. As actuacións previstas centraranse nas fachadas do edificio, co obxectivo de reforzar ⚒️ o seu illamento e mellorar as condicións térmicas. Ademais, instalarase un novo toldo exterior.

👏🏻 O rexedor agradeceu a colaboración da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola Rodríguez, así como a implicación do xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade.

Mato incidiu tamén en que o Concello continuará traballando para que todos os centros educativos 🎒 do municipio poidan contar con achegas da Administración autonómica que permitan seguir mellorando as instalacións e as condicións tanto para o profesorado como para o alumnado.

Neste sentido, subliñou que se seguirá insistindo na necesidade de impulsar novas actuacións tamén no 📍 CEIP Eduardo Pondal.