JuntosPolGC traslada a Vox as demandas en materia salarial e xubilación anticipada

Martín Rodríguez Presidente de JuntosPOLGC E axente da policia nacional reuniuse este martes con representantes de Vox para expoñerlles as principais reivindicacións do colectivo. A plataforma, nacida na capital galega e que afirma reunir a máis de 20.000 axentes, busca apoios institucionais para corrixir o que considera unha situación “inxusta e incomprensible” en relación coas condicións laborais de Policía Nacional e Garda Civil.

Durante o encontro, Rodríguez trasladou a crecente frustración dentro dos corpos estatais, que denuncian ser tratados como “policías de segunda” pola brecha salarial que manteñen respecto a algúns corpos autonómicos e locais, unha diferenza que, segundo os datos do movemento, pode alcanzar os 1.000 euros mensuais. Equiparación salarial e xubilación, os puntos crave A reunión centrouse en dúas demandas históricas: a equiparación salarial total e o recoñecemento da actividade policial como profesión de risco.

Este último punto permitiría, segundo explicou Rodríguez, acceder á xubilación aos 59 anos sen diminución económica, seguindo o modelo aplicado noutros corpos policiais do país. Rodríguez insistiu en que a falta deste recoñecemento perpetúa un agravio para dous corpos que desempeñan tarefas de alta esixencia operativa e responsabilidade en materia de seguridade cidadá.

O movemento defende que as actuais condicións repercuten directamente na calidade de vida e na planificación persoal de miles de funcionarios. Unha rolda de contactos en marcha Fuentes de JuntosPolGC indican que este encontro forma parte dunha estratexia máis ampla de contactos con diversas formacións políticas, co obxectivo de solicitar apoios tanto no ámbito parlamentario como no municipal. A organización prevé continuar estas reunións nas próximas semanas para trasladar as súas reivindicacións ás institucións competentes e buscar compromisos que permitan avanzar nas súas demandas.