
O noso Concello segue facendo historia
. A vila de Laxe foi recoñecida como Lugar de Interese Cinematográfico (LIC Galicia 2025) pola súa relevancia na memoria audiovisual galega e o seu valor patrimonial, histórico e simbólico ![]()
.
O alcalde Paco Charlín e a concelleira de Cultura Raquel Lema recolleron este importante galardón en Ourense, no marco do IX Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península Ibérica, organizado pola Academia Galega do Audiovisual.
Este recoñecemento pon en valor o noso entorno como escenario de rodaxes tan emblemáticas como Mareas Vivas, serie que marcou unha época e fixo de Laxe un lugar inesquecible para milleiros de galegos e galegas ![]()
.
Desde o Concello de Laxe queremos compartir este orgullo con todas as veciñas e veciños, que con cariño e identidade manteñen viva a nosa esencia e contribúen día a día a que Laxe siga brillando tamén na pantalla grande ![]()
.
Laxe é cultura, é historia… e tamén é cine!



