
O Concello de Laxe participa un ano máis nesta prestixiosa competición náutica organizada polo Real Club Náutico da Coruña , que une tradición, deporte e paixón polo mar .
A Regata Rías Altas percorre escenarios costeiros únicos , entre eles a nosa vila, que ofrece un marco incomparable para a navegación e para gozar da beleza do Atlántico .
A regata chegará ao porto de Laxe o xoves 3 de xullo, arredor das 18:00 h, e terá saída o venres 4 ás 12:00 h, rumbo á seguinte etapa deste emocionante percorrido!