«Les Elegides» Novo chiringuito Woke para deixar o concello e facer turismo

E unha vergoña que a concelleira do PP de Malpica vaia esta semana a Palma de Mallorca a unhas charlas » woke» mentres no pobo seguen esperando o centro de día que tiña que estar aberto como mínimo dende setembro.

Como mínimo porque debería levar anos aberto, nun concello que ten un polígono fantasma , que non ten piscina municipal, que presenta unhas carencias desorbitadas, que moitas aldeas non teñen acceso a rede de saneamiento, que esta o PXOM parado, que presenta vías e parques abandoados, que ten construe muros ilegalmente coma o de Santiso e moitas cousas mais.

A Xente dalle igual que a corporación sexan 10 homes que 10 mulleres , o que teñen que ser e validos e comprometidos co seu pobo, a inclusividade e coma ter un equipo de futbol e ter un dianteiro que marca 40 goles a tempada pero que de titular xogue un que non pasa de 2 goles por tempada.

Temos moitas cousas que solucionar neste concello antes que ir a reunións de chiringuitos estando o pobo nunha deriva totalitaria.