
A Xunta de Goberno da Laracha adxudicou á empresa Construcciones López Cao S.L. a execución do proxecto de mellora viaria na parroquia de Soandres, despois de avaliar as propostas das sete empresas licitadoras. A intervención abranguerá varios treitos da estrada municipal que conecta os núcleos de Encián, As Senras e O Priorato, vía de acceso ao mosteiro de San Pedro.
Os traballos incluirán a mellora da superficie de rodadura, a limpeza de cunetas e a instalación dunha barreira de protección nun dos marxes para aumentar a seguridade fronte ao desnivel existente entre a calzada e as parcelas lindeiras. A actuación rematará coa sinalización horizontal e vertical para mellorar a visibilidade dos condutores e suporá un investimento de 58.000 euros.
Así mesmo, a Xunta de Goberno Local autorizou a participación do Concello no programa de subvencións da Deputación da Coruña para financiar a contratación de persoal técnico en museos e centros de interpretación durante o ano 2026.