Malestar veciñal en Santa Comba polo deterioro do pobo e a inacción das autoridades

Os veciños e veciñas de Santa Comba queremos expresar a nosa preocupación e malestar polo evidente deterioro que está a sufrir o noso pobo nos últimos meses, especialmente polas noites das fins de semana.

Cada domingo as rúas amencen cheas de lixo, vasos, botellas rotas e sinais de vandalismo, con mobiliario urbano danado e unha imaxe que non representa o que Santa Comba foi sempre. O persoal de limpeza fai o que pode, pero a situación repítese semana tras semana sen medidas efectivas.

A isto súmase unha notable diminución de visitantes e do ambiente san que antes caracterizaba a nosa vila. Moitos bares e locais de lecer pecharon ou transformáronse en negocios doutro tipo, algúns reconvertidos en locais de prostitución, o que provoca molestias, inseguridade e preocupación entre os veciños polas actividades que se permiten en zonas residenciais.

Mentres tanto, o goberno local permanece inactivo, sen control nin presenza policial suficiente, permitindo que aumenten os problemas de suciedade, drogas e violencia.

Os veciños esiximos medidas inmediatas:
1. Reforzo da limpeza e da vixilancia durante as fins de semana.
2. Control dos locais e cumprimento estrito das licenzas de actividade.
3. Campañas de concienciación e sancións a quen cause danos ou ensucie.
4. Recuperar o lecer saudable e o atractivo turístico que Santa Comba nunca debía perder.

👉 Queremos un pobo limpo, seguro e digno.
Santa Comba merece respecto, atención e orde.
Non máis abandono.