
Mañá, 29 de novembro, poñeremos o broche final á programación cultural de outono cun imperdible monólogo de Carlos Blanco, unha das figuras máis recoñecidas e queridas do humor galego.
A actuación terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas, onde o público poderá gozar dunha sesión chea de historias, improvisacións e ese estilo tan característico que combina retranca, crítica social e moita complicidade coa xente.
Será unha oportunidade perfecta para despedir a tempada cultural entre risas e bo ambiente.
Non faltes!