MELLORAS E ACONDICIONAMENTO EN FISTERRA

O Concello continúa a impulsar diversas actuacións destinadas á mellora e acondicionamento dos espazos públicos municipais, co obxectivo de preservar o seu bo estado e ofrecer un entorno máis coidado, seguro e agradable para a veciñanza e as persoas visitantes:

🔹Reparación do pavimento na rúa Santa Catalina.

🔹Instalación de balizas lumínicas na zona da Mixirica.

🔹Acondicionamiento de pistas con grava.

🔹Poda e mantemento do arbolado no parque de Sardiñeiro.

🔹Limpeza dos lavadoiros do Xurixano e Mallas.

🔹Desbroce de montes, estradas e cunetas en todo o municipio, no rural e no paseo marítimo da Langosteira e de Corveiro.

🔹Limpeza e mantemento de colectores, así como recollida de residuos voluminosos.

🔹Continuación das tarefas xerais de limpeza en espazos públicos.

🔹Colocación de carteis informativos dentro da campaña “Comprométete con Fisterra”, centrados na correcta xestión de voluminosos e no cuidado responsable de mascotas.

🔹Reparación e acondicionamento de xardíns, barnizado dos maceteiros municipais durante esta semana, xunto coa incorporación de novas plantas que contribúen a embelecer o noso entorno.

🔷Estas actuacións reflicten o compromiso do Concello coa mellora continua do entorno urbano e rural, así como coa calidade dos servizos públicos e o benestar da cidadanía.