Melloras no Museo do Mar de Laxe

O Concello de Laxe vén de executar en outubro a segunda parte do “Proxecto de adquisición de equipamento para a conservación preventiva e divulgación das pezas culturais e dos fondos documentais e bibliográficos do Museo do Mar de Laxe ano 2025”.

Grazas a esta actuación adquiríronse dúas novas vitrinas para gardar e expoñer pezas de gran valor histórico e cultural:

🔹 Os Naufraxios do Concello de Laxe (situado na 2ª planta do museo)

🔹 Patrimonio Científico, Técnico e Industrial do Concello de Laxe (situado na planta baixa cuberta)

Con este proxecto poderemos seguir difundindo o noso rico patrimonio subacuático e marítimo, así como dar a coñecer pezas relacionadas coa figura do ilustre xeólogo Isidro Parga Pondal, coa antiga fábrica Kaolines de Lage S.L. e co Laboratorio Xeolóxico de Laxe, entre outros elementos ligados á tecnoloxía e á industria histórica do noso concello. 🏺🌊

Un paso máis para conservar e poñer en valor a nosa historia e identidade!