Melloras no pavillón e na cantina do campo de fútbol municipal de Laxe

O Concello de Laxe segue a apostar pola mellora das nosas instalacións deportivas 💪. Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, realizáronse diferentes actuacións no pavillón e na cantina do campo de fútbol municipal, cun orzamento total de 48.337,64 €.

As obras incluíron:

🎨 Traballos de pintura no pavillón.

💧 Instalación de canalóns para mellorar a recollida da auga.

🛠️ Construción dunha rampa de entrada accesible no pavillón.

💦 Colocación de canalóns novos na cantina do campo de fútbol.

Con estas actuacións seguimos mellorando os espazos que empregan cada día deportistas, familias e veciñanza 👨‍👩‍👧‍👦 para desfrutar do deporte e do tempo de lecer en Laxe 💙.