
MERCA NA VILA | A Deputación da Coruña anuncia a posta en marcha desta iniciativa para apoiar ao pequeno comercio e fortalecer o sector a través de incentivos ao consumo.
Se tes un comercio: prazo de adhesión aberto ata o 20 de outubro ás 9:00 h.
Para os clientes o prazo de descarga dos bonos abre o 20 de outubro ás 9:00 h. Poderán beneficiarse de ata 100 € en descontos directos nos comercios adheridos. O sistema funciona a través dunha app móbil e o importe dos descontos irase consumindo en función do valor da compra.