Muxía segue apostando pola cultura e pola memoria do mar

O pasado sábado, a Lonxa de Muxía acolleu a presentación dos álbums ilustrados “Nación Mar” e “Nao Cetácea”, do autor Xosé Iglesias, dous traballos que recuperan a nosa historia naval e poñen en valor o mar, o patrimonio marítimo, a biodiversidade e a memoria dos mariñeiros e mariñeiras ⚓🐋

👉 Ao acto asistiu o alcalde de Muxía, Javier Sar, amosando unha vez máis o apoio do Concello á cultura, á creación artística e á defensa da nosa identidade mariñeira 💙

Durante a presentación interviron Javier Sar, Daniel Castro e Xusto Carril, que contribuíron a enriquecer unha tarde chea de reflexión, divulgación e amor polo mar 🌍📖

🙏 Desde o Concello de Muxía queremos agradecer a todas as persoas participantes, ás entidades colaboradoras e a todo o público asistente a súa implicación e interese, facendo posible un encontro cultural que reforza o orgullo de sermos vila mariñeira 🌊✨

Seguimos traballando para que a cultura chegue a todos e todas, e para que Muxía continúe sendo un referente na posta en valor do seu patrimonio marítimo e cultural 💪📚