Normalidade hidrolóxica en Ponteceso tras o achique das zonas urbanas anegadas

Durante esta semana procedeuse ao achique de todas as zonas urbanas que resultaran anegadas no centro de Ponteceso. Na actualidade, o río Anllóns non figura na listaxe de ríos galegos en situación de risco alto dentro do plan Inungal, o que confirma un escenario de normalidade hidrolóxica.
O vídeo difundido constitúe unicamente un documento gráfico do que adoita suceder no centro de Ponteceso, debido á súa proximidade ao río e á influencia das mareas. A isto súmase a circunstancia de que parte do Relleno, o rego de Ponteceso e zonas como o Rego da Balsa se atopan por baixo do nivel do mar, unha situación que non é única neste municipio, senón común noutras localidades costeiras do mundo.