
O Concello de Zas inaugura este venres 16 de xaneiro unha nova exposición no Centro Sociocultural de Baio. A mostra forma parte do ciclo de exposicións posto en marcha o pasado mes de outubro, unha iniciativa que se prolongará ata o mes de xuño.
Nesta ocasión, a exposición reúne obras das artistas Dolores Figueroa Calvo e Isabel Pardo Regueiro, cunha proposta centrada na pintura.
Centro Sociocultural de Baio
Do 16 de xaneiro ao 27 de febreiro
Martes a venres: 15:30 a 20:30 h
Sábados: 10:00 a 14:00 h
Inauguración: venres 16 ás 19:00 h
Unha nova oportunidade para achegar a arte á veciñanza, apoiar o talento e seguir construíndo cultura no Concello de Zas.