
A Policía Local de Malpica de Bergantiños conta desde agora cun novo vehículo, que permitirá mellorar os servizos de seguridade cidadá e a capacidade operativa no noso municipio.
Esta adquisición foi posible grazas a unha subvención competitiva concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental 2025, cunha contía de 32.186 €.