O 1 de novembro xornada de limpeza na duna de Balarés

Pisamos a duna de Balarés en beneficio da píllara e doutras especies de aves.

🚮 O obxectivo é retirar os residuos e algunha planta exótica invasora da zona.

A actividade celebrarase o 📅 1 de novembro a partir das 🕛 11:30 da mañá.

👉 O Concello encargarase de levar bolsas, guantes, bebida e froita, as persoas interesadas só terán que acudir con roupa cómoda.

Inscricións chamando ao 📞 981 71 40 00, ao 📞 881 98 45 67 ou no enderezo electrónico 💻 iago.montes@ponteces.gal.

Non te preocupes se o propio día da xuntanza non estás anotado, podes achegarte e colaborar! 🙌