
O albergue xuvenil Alalá terra e sons aloxou máis de 4.000 hóspedes en 2025, acollendo a numerosos grupos que veñen a visitar Cabana en tódalas épocas do ano.
Ás instalacións acoden dende clubs deportivos que preparan as súas competicións no noso concello ata excursións que descubren o noso patrimonio cultural e natural. ![]()
Un dos últimos foi o Club de Natación e Salvamento A Estrada. Os cadetes e xuvenís concentráronse para adestrar de cara o vindeiro
campionato galego.


