O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión con representantes de Axober

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión con representantes de Axober para analizar novas vías de colaboración en materia de emprego, industria e formación.

🗨 Abordáronse propostas de accións ligadas ao Programa Integrado de Emprego, á bolsa de emprego do Concello e aos ciclos formativos que se realizan no municipio, así como a posibilidade de organización de iniciativas que favorezan a actividade económica e a formación das persoas para a inserción no mercado laboral.

🙌🏼 Desde o Concello valórase a implicación de Axober e a súa disposición para seguir traballando conxuntamente polo impulso do emprego na Laracha e na comarca de Bergantiños.