
Ante os rumores sobre o futuro do noso centro de saúde, o alcalde falou o mércores 21 co xerente da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza para aclarar a situación.
INFORMACIÓN CONFIRMADA:
• A praza da doutora María Iglesias NON se amortiza (non desaparece)
• Está temporalmente sen cubrir, xa que aínda ninguén a pediu como destino
• Cando algún profesional a solicite, volverase á normalidade
• Mentres, as cartillas repártense entre o resto de facultativos do centro
O CONCELLO MANTÉNSE VIXILANTE:
• Non consentiremos NINGUNHA redución de facultativos no centro
• Seguimos esixindo á Consellería de Sanidade:
Servizo de pediatría a tempo completo
Presenza de matrona para evitar desprazamentos ás veciñas