O Alcalde de Santa Comba cobra maís que os alcaldes de Carballo, A Laracha e Noia

A situación de Santa Comba e caótica, despois do plan de axuste levado a cabo pola anterior rexidora, o actual alcalde cobra maís que alcaldes de municipios con moita maís poboación . E o caso de Carballo 31.000 habitantes (48.100€ anuales), Noia 14.092 Habitantes (49.870€ anuales) e Laracha 11.600 Habitantes (48.760€ anuales). Alberto Romar está cobrando 52.000€ anuales e Santa Comba ten unha poboación de 9319 habitantes.

O Actual alcalde tamén ten un plan de axuste pero imposto por facenda, que non deixa de ser unha intervención pola tardanza no pago a proveedores do Concello. E agora ven a gran pregunta coa súa resposta para todos os habitantes de Santa Comba.

¿Por que Santa Comba ten tanta débeda ?

1º O alcalde Alberto Romar Landeira Cobra 4333€ ao mes con dedicación exclusiva ao concello, pero non contento con iso, no pleno crea unha cláusula de compatibilidade que lle permite o seguinte:

1.1 Se arbitrase algún partido , serián 4333 + 1600 de Seguridade Social + partido arbitrado

1.2 O devandito anteriormente + Algún curso de Gurú que realice

1.3 O devandito anteriormente + A Organización dalgún espectáculo deportivo

1.4 O devandito anteriormente máis O Juguetón Santa Comba

1.5 O devandito anteriormente + Xardins de Recreo en Negreira

1.6 O Juguetón centro de ocio Negreira

2. Alberto e un alcalde exclusivo para Santa Comba pero con compatibilidade, e dicir que non lle chegan os 4500€ que ainda quere maís. A legalidade de exclusividade e compatibilidade refírese a termos marxinais, nunca a un armazón empresarial.

3. Outra cousa que é incrible é que señor xestionaba os veráns lúdicos e o nadal lúdico en Santa Comba e foi chegar á alcaldía e eses contratos menores pasaron a unha empregada do Juguetón . Publicado no Portal de Transparencia.

4. Hai 4 concelleiros que cobran 30.000€ ao mes + 11.550 de Seguridade social 5. Cada ano 238.000€ na Corporación + plenos.

6. O ano 238.000 x 4 = 952000€ Santa Comba tarda 83,34 días en pagar aos seus provedores , o concello está cun plan de axuste económico , pero os concelleiros non se axustan á realidade do pobo.

En resumo, o coste da corporación o ano e de 238.220€ o multiplicamos por 4 anos de lexislatura e queda en: 952.880€ , case 1 millón de €.