O BNG de Cabana carga contra o goberno polo mal estado do Piñeiro e anós

Tras as obras de canalización de auga realizadas hai meses, as rúas do Piñeiro e as beirarrúas de Anós continúan nun estado deplorable.

O Concello argumenta que “o terreo ten que asentar”, pero mentres tanto son os veciños e veciñas quen pagan as consecuencias:

🔴Non poden transitar con seguridade polo risco real de caída.

🔴A choiva destes días está arrastrando pedras e terra cara á calzada.

🔴Están a formarse socavóns importantes, afectando tamén aos vehículos nunhas rúas xa de por si estreitas.

A seguridade das persoas e o mantemento das infraestruturas públicas non poden quedar en espera indefinida.