
O BNG alerta sobre a situación extrema na que se atopa o Centro de Saúde de Santa Comba
O responsábel local, Juan David Sixto, participou nunha visita ás instalacións xunto con representantes do BNG e da CIG Lembra que, ademais dos problemas para as persoas usuarias, existe unha comunicación de risco laboral detectado sen que o Concello fixera nada para solucionar a situación,Denuncia que, a pesar das reclamacións previas, a temperatura de traballo e atención a usuarias continúa a ser de 12ºC.
Santa Comba, 4 de febreiro de 2026.
– O responsábel local do BNG, Juan David Sixto,participou nunha visita para denunciar, unha vez máis, o «lamentábel estado en que se atopa o Centro de Saúde, en risco tanto para as persoas usuarias como para as
traballadoras». Xunto a Sixto, participaron na visita representantes do BNG como a
deputada Iria Carreira e representantes de CIG- Saúde.
O BNG de Santa Comba lamenta que, a pesar das reiteradas denuncias públicas e iniciativas presentadas tanto no Concello como no Parlamento Galego, o Centro de
Saúde «continúa a estar en condicións lamentábeis que poñen en cuestión tanto o propio goberno municipal como ao goberno da Xunta xa que, como se ve, desatenden unha infraestrutura básica e descoidan tanto á veciñanza como ás persoas traballadoras»
.
Na visita comprobaron de novo as gravísimas deficiencias para as que o BNG reclamou solucións nos distintos ámbitos institucionais desde hai máis de dous anos, «atopando o muro do goberno municipal e da Consellaría de Sanidade que continúan a marxinar e maltratar á veciñanza de Santa Comba»
.
Ás reclamacións do BNG súmase a que a CIG dirixiu recentemente á xerencia da Área Sanitaria de Compostela e Barbanza na que lembran que existe unha comunicación de risco laboral detectado remitida ao consello de Santa Comba sobre as deficiencias nos equipos e nas instalacións que incumpren a normativa e xeran riscos engadidos e un informe específico sobre a sala de caldeiras que non se atenderon.
Engádese tamén unha proposta de requirimento por parte da Inspección de Traballo para que se solucionen os problemas que, polo de agora, non provocou ningunha reacción por parte das institucións implicadas.
12ºC intolerábeis
Na visita, representantes da CIG explicaron que os 12 ºC do Centro de Saúde son
«totalmente intolerábeis» e afectan tanto á capacidade asistencial e ao benestar de
persoas traballadoras e usuarias e lamenta falta de colaboración do goberno
municipal. Ademais, urxe, segundo destacaron, máis Persoal de Servizos Xerais e solucionar os fallos detectados na instalación eléctrica que supoñen riscos engadidosnas instalacións.
O BNG denuncia que a situación é xa «de extrema precariedade» con con graves
deficiencias nas infraestruturas e falta de espazo que dificulta a actividade. O portavoz
municipal do BNG, Juan David Sixto, insiste en que «Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e o BNG esixe as melloras necesarias no centro de
saúde» e lamenta a «inoperancia dun goberno municipal que dá as costas a veciñanza do concello».
Repiten que xa denunciaron en distintas ocasións os graves problemas do centro, as
deficiencias na climatización que o fan insoportábel non só no inverno polo frío senóntamén no verán polo calor, as eivas do mobiliario e a escaseza e espazos que fan moi difícil a actividade sanitaria polo que esixiu que se executasen as accións necesarias e mesmo unha reforma integral ou a construción un novo edificio dado o grao dedeterioro do actual.