O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL brilla no Campionato de España de Primavera Infantil e Cadete

O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL volveu demostrar o seu enorme potencial deportivo cunha actuación sobresaliente no VII Campionato de España de Primavera Infantil e Cadete, celebrado na localidade valenciana de Bétera.

A entidade larachesa regresou da cita estatal cun balance extraordinario, confirmando unha vez máis que cada participación do club é sinónimo de éxito.

Entre os resultados máis destacados sobresae o título de campioas de España conseguido polo equipo infantil feminino na proba de 4×50 metros natación con aletas, unha actuación brillante que as levou ao máis alto do podio.

O mesmo conxunto feminino acadou tamén a medalla de bronce no 4×50 metros relevo combinado, completando así unha competición memorable para as deportistas do SAL.

No apartado individual, cómpre salientar a gran actuación de Hugo Ferreño Varela, que se proclamou medalla de bronce na proba de 100 metros remolque de maniquí con aletas en categoría cadete, sumando outro importante éxito para a expedición larachesa.

Ademais das medallas, o campionato deixou outro motivo de celebración para o club, xa que nas dúas probas de relevo do equipo infantil feminino acadáronse novos récords galegos, superando unhas marcas que permanecían vixentes desde había xa dez anos.

Con estes resultados, o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL continúa consolidándose como unha referencia do salvamento e socorrismo galego e estatal, grazas ao traballo, esforzo e compromiso das súas deportistas, deportistas e corpo técnico.