O CMAT tivo onte unha xuntanza cos alcaldes do Concello de Laxe e do Concello de Vimianzo

Onte, a Xunta Directiva da CMAT mantivo unha xuntanza cos alcaldes do Concello de Laxe e do Concello de Vimianzo para coñecer de primeira man a folla de ruta do proxecto dos Penedos de Pasarela e Traba, unha iniciativa impulsada por ambos concellos para poñer en valor este patrimonio natural único 🌿🪨

🤝 Trátase dunha iniciativa construída desde o diálogo, con xuntanzas previas con propietarios de parcelas, xeólogos, expertos en turismo e representantes da hostalaría, buscando sumar visións e esforzos.

🥾 O proxecto conta xa con penedos e rutas sinalizadas, así como cunha completa Guía dos Penedos de Pasarela e Traba 👉http://semescom.gal/guia-dos-penedos-de-pasarela-e-traba

➡️ Na reunión coa CMAT trasladouse o interese por dar maior difusión ao proxecto, contar co seu acompañamento e seguir sumando forzas para acadar os mellores resultados para todo o territorio e a veciñanza