
A presentación foi a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e dos creadores da peza, o escritor Xabier Maceiras e o realizador audiovisual Raúl Lorenzo.
Pensando en futuras iniciativas similares para a recuperación do patrimonio cultural, se ti podes aportar novos datos, historias, material, etc. sobre lendas, medicina popular ou algún outro tema de interese, ponte en contacto co Departamento de Servizos Sociais chamando ao 981612811 ou enviando un correo a servizos.sociais@alaracha.es.
“A memoria da Laracha” é un proxecto dirixido á prevención da soidade non desexada impulsado polo Concello da Laracha co apoio da Deputación da Coruña.



