O Concello da Laracha mellora as infraestruturas en A Botica ante o crecemento da poboación


O Concello da Laracha rematou as obras de mellora das infraestruturas e dos servizos no núcleo de A Botica, na parroquia de Vilaño, unha zona próxima ao casco urbano que nos últimos anos está a rexistrar un notable incremento de poboación.

A actuación consistiu na ampliación das redes de saneamento de augas residuais e de abastecemento de auga potable co obxectivo de aumentar a cobertura neste lugar e dar servizo tanto ás vivendas existentes como ás novas construcións que xa contan con licenza municipal.

Os traballos completáronse coa instalación dun sistema de recollida de augas pluviais e coa pavimentación dunha vía secundaria que conecta coa estrada que comunica A Botica con O Pino, mellorando así a seguridade e a accesibilidade na zona.

O Concello financiou integramente a actuación cun investimento de 47.000 euros.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, supervisaron durante a mañá o pintado da sinalización viaria, último paso para a finalización completa do proxecto.