
O Concello de Cabana rematou os traballos de mellora na cuberta do polideportivo cos que se mellorará a eficiencia enerxética na sala de usos múltiples.
A actuación supuxo a instalación dunha capa por riba da xa existente a base de chapa e illante de lá mineral de 10 centímetros.
Grazas a esta actuación, a demanda de calefacción reducirase nun 19,16%, mentres que a demanda de refrixeración diminuirá ata nun 91,04%.