O Concello de Camariñas presenta a proba 3 horas resistencia

A proba ‘3 horas resistencia’, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán e o Concello, porá punto e final o 8 de febreiro en Camariñas á Copa Galega de resistencia BTT 2026.

O evento xa foi presentado na 📍 casa consistorial pola alcaldesa, Sandra Insua, en compañía do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o tesoureiro da Peña Ciclista Baikers do Vilán, Marcos Martínez; e o secretario da peña, Pedro Romar.