O Concello de Camariñas reforza os medios contra incendios con novos hidrantes e a renovación do camión de extinción

Grazas ás axudas da Xunta de Galicia para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios, o Concello de Camariñas vén de instalar hidrantes de alta capacidade en puntos estratéxicos da estrada vella de Agramar e do Pedrouzo, así como de renovar o hidrante existente en Tasaraño.

Estas actuacións complétanse cunha reparación integral do camión de extinción, incluíndo a posta a punto da cisterna e do equipamento, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta ante emerxencias.

Con estes investimentos, o Concello reforza de maneira significativa a seguridade de toda a veciñanza e mellora os medios dispoñibles para a prevención e loita contra os incendios forestais.