
Tras 13 actuacións e diversos investimentos en instalacións, redes separativas e adquisición de parcelas por un importe superior aos 2 millóns de euros, o Concello de Coristancoachegou o servizo de
saneamento a máis de 3.000 veciños e veciñas do municipio.
Entre as principais actuacións destacan as seguintes
:
No 2020 púxose en funcionamento a EDAR de Portoquintáns, que dá servizo a 600 habitantes, cun investimento de 43.000 euros.
No 2022 entrou en funcionamento a EDAR de Vilaverde, que presta servizo a outros 600 habitantes, cun investimento de 50.000 euros.
No 2023 construíuse a EDAR de San Paio, que dá servizo a 700 habitantes, cun investimento de 267.000 euros. Neste mesmo ano actuouse tamén sobre as EDAR de Conles, Canal, Miñata e Currás, cun investimento de 58.000 euros, beneficiando a 827 habitantes.
No 2024 destináronse 148.000 euros á EDAR de Traba para a súa posta en funcionamento.
No 2025 incorporáronse dúas novas EDAR, unha no lugar de A Varela, na parroquia de Traba, e outra en Piñeiro, parroquia de Ferreira, que dan servizo a 93 habitantes, cun investimento conxunto de 211.000 euros. Tamén se licitaron as obras para as novas EDAR de Nogueira, Rodeiro e Podrizo, así como o bombeo de Carantos, que darán servizo a 250 habitantes, cun investimento de 258.000 euros.
De cara ao ano 2026, preténdense executar cinco novos proxectos: Verdes, Costa do Carrizal, Rabadeira, a do Parque Empresarial e Vieite; que darán servizo a 950 habitantes cun investimento previsto de 1.050.000 euros.