O Concello de Laxe mellora do firme na Rúa Hospital

O alcalde Paco Charlín e o tenente de alcalde e responsable de obras Eulogio Constantino visitaron as obras de mellora do firme na Rúa Hospital, unha actuación incluída no Plan de Obras e Servizos (POS+) 2024 da Deputación da Coruña 🏗️.

👉 Un proxecto que busca mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nesta zona, facendo de Laxe un lugar máis cómodo e seguro para todas e todos 💪💙

💶 O investimento total ascende a 74.244,37 € e a obra está a ser executada pola empresa Tecosmarpa, S.L.