O Concello de Malpica denuncia incivismo nos contedores mentres veciños critican a falta de servizos e a tardanza na recollida

O Concello de Malpica queixouse nas redes das actitudes incívicas dalgúns veciños nos contedores do municipio. Porén, nas imaxes tamén se aprecia que moitos contedores non están debidamente ancorados, algo que facilita que se movan ou volquen.

Ademais, no propio concello de Malpica de Bergantiños non existe un punto limpo para uso da veciñanza, o que complica a xestión de residuos voluminosos. A isto súmase a tardanza do servizo de recollida: segundo denuncian algúns veciños, cando chaman para retirar lixo, indícaselles que irán nun día concreto, pero ás veces non aparece o servizo ata catro días despois.