O Concello de Muros segue apostando polo Cine

📽️ O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación cinematográfica cunha fin de semana que combina cinema de autor internacional e proposta familiar, coa proxección de O axente secreto e Frankie y los monstruos.

El agente secreto, dirixida por Kleber Mendonça Filho, trasládanos ao Brasil de 1977 para seguir a historia de Marcelo, un home cun pasado misterioso que tenta atopar refuxio mentres busca reencontrarse co seu fillo. O filme foi premiado en Cannes a mellor dirección e mellor actor (Wagner Moura) e conta con catro nominacións aos Óscar. Poderá verse hoxe, venres, e sábado ás 20:30 horas e o domingo ás 19:00 horas.

Para o público familiar, Frankie y los monstruos ofrece unha aventura chea de humor e fantasía ambientada nun castelo-laboratorio, cun pequeno heroe que loita por demostrar que ser diferente é tamén unha fortaleza. As sesións serán o sábado e domingo ás 17:00 horas.

A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, destacou que “seguimos apostando por unha programación diversa, con propostas para público adulto e familiar”.

As entradas están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.