O Concello de Muxía continúa mellorando as instalacións deportivas municipais!

Despois de proceder ao cambio do teito dos vestiarios da Arliña —unha actuación moi demandada—, seguimos avanzando e hoxe iniciamos o pintado dos vestiarios do campo de fútbol 🏟️

Esta actuación súmase a outras melloras levadas a cabo recentemente no campo:

✔️ Peche lateral da grada

✔️ Arranxo dos aspersores

✔️ Colocación da rede perimetral

🗣️ O alcalde, Javier Sar, destacou que “seguimos cumprindo co compromiso de mellorar progresivamente as instalacións deportivas municipais, atendendo ás demandas dos veciños e veciñas e dos clubs locais”.

Pola súa parte, a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Sandra Vilela, sinalou que “estas actuacións permiten ofrecer unhas instalacións máis cómodas e adecuadas para a práctica deportiva, algo fundamental para apoiar ao deporte local”.