O Concello de Ponteceso apoia a actividade do Corme C.F. e do Puenteceso S.D. con dous convenios de 26.000 euros.

O alcalde, José Manuel Mato, asinou, esta semana, dous convenios de colaboración co Corme C.F. e co Puenteceso S.D. Cos acordos, de 13.000 euros cada un, o rexedor busca «apoiar a actividade de dous clubs cunha gran traxectoria no municipio e que realizan un labor esencial polo deporte do concello».

A sinatura e mantemento destes convenios foi un dos compromisos que o primeiro edil adquirira coas directivas de ambos clubs: «o noso obxectivo é manter estas axudas ano a ano, mantendo as mesmas contías e dándolles estabilidade e seguridade a ambas as entidades deportivas».
José Manuel Mato agradece o magnífico traballo «que realizan desde estas directivas e que contribúe a contar cunha programación deportiva variada para os nenos e nenas».