
O Concello de Ponteceso iniciou esta semana as obras de mellora na
rúa Voluntariado, en Corme Porto, unha actuación que permitirá renovar tanto a rede de saneamento de pluviais como o firme da vía.
Os traballos contemplan a substitución e mellora da canalización de
augas pluviais, co obxectivo de optimizar a evacuación da auga e evitar problemas derivados da acumulación en episodios de choiva intensa.
Paralelamente, executarase a
reposición integral do firme, garantindo unha maior seguridade e durabilidade da infraestrutura viaria.



