
O Concello de Ponteceso continúa coa súa campaña campaña de limpeza de cunetas de camiños
de titularidade municipal.
Estes días estase actuando nas parroquias de
Tella, Corme aldea e Xornes e a previsión é continuar os labores en Brantuas proximamente.
O alcalde, José Manuel Mato, incide en que estas actuacións son esenciais para reforzar «as condicións de seguridade viaria e garantir que as vías estean nas mellores condicións posibles de cara á chegada da primavera».










