
O Concello reforza a seguridade viaria entre Cores e Santa Cruz coa nova pavimentación en ambas localidades.
As obras, executadas a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Rural, demostran o compromiso do goberno local coa mellora do estado das estradas.
O alcalde, José Manuel Mato, sinalou que nos vindeiros meses se manterá «esta liña de traballo, apostando por seguir realizando intervencións de mellora da seguridade viaria en todo o termo municipal».