O Concello de Ponteceso saca hoxe os tractores para cortar a Maleza, Malpica seguemos esperando.

Durante todo o verán a xente e diferentes asociacións ven queixandose do estado de abandono que sofren diversas aldeas da contorna que están invadidas pola maleza, esta maña circulando pola Bugalleira podiase ver o tractor do Concello limpando maleza, Xa e tarde señor Mato , xa o dixo La Voz de Galicia no seguinte artigo :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2025/07/04/criticas-maleza-julio/0003_202507C4C4994.htm

O seu compañeiro de filas o alcalde de Malpica, o señor Parga aínda o esta facendo peor e gracias a Plataforma Veciñal Avanza Malpica podemos dar fe do que estamos falando. ¿Onde vai o diñeiro dos nosos Impostos?

O 9 de Xunio a Plataforma Avanza Malpica publicou: » Avanza Malpica informa, nestes días pasados recibimos queixas dun veciño de Mens, en referencia ó estado de total abandono que está a sufrir a contorna…onte acudimos á noitiña pois fomos informados de que atopariamos un faro de iluminación pública totalmente cuberto pola maleza (alucinei ó velo…) tamén se nos comentou que hai varios espellos rotos ( son moi necesarios para a seguridade dos veciños…) fomos informados do estado lamentable dalgúns contedores do lixo (incrible sistema de amarre…) pero sobre todo o que máis preocupa é o estado da maleza en xeral, xa que está a provocar situacións moi perigosas ós viandantes, dado que se ven na obriga de camiñar pola estrada e ó circular os vehículos hai risco de atropelos…dende AVANZA MALPICA non entendemos cómo se poden permitir estas situacións por parte dos responsables do concello ( isto é unha vergoña) NON se pode permitir máis esta «tomadura de pelo»…por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello.»

Onte voltarón publicar acerca do estado das escolas unitarias rodeadas de Maleza : » Avanza Malpica informa.Esta situación de varios centros sociais de Malpica dan unha imaxen lamentable, noutros concellos están a facer Casas Do Maior para que os veciños poidan disfrutar delas…en Malpica simplemente falta a intención de arranxalos por parte do goberno local, se en outros concellos limítrofes poden, en Malpica tamén se deberían arranxar»… pero polo que parece, «NON interesa».