
Ao longo dos últimos días, estes labores realizáronse na contorna da praia da Ermida e en Santa Cruz (Cores). Porén, os traballos continuarán ao longo do outono e inverno e en todo o
concello.
Estas tarefas estanse executando grazas á colaboración da
Xunta de Galicia, que nos concedeu unha axuda para a compra dunha escavadora que nos está permitindo desenvolvelas.
O alcalde, José Manuel Mato, incide na importancia destes traballos, «esenciais para garantir a boa conservación das vías e para reforzar as condicións de seguridade viaria».




